
Flow, un mundo que salvar
Flow
- 83 min.
Un gato atópase nun mundo cuberto pola auga, sen aparente rastro humano. Na procura dun refuxio, únese a un barco con animais doutras especies. Convivir con eles resulta ser un reto aínda maior que superar o seu medo á auga. Ao longo desta aventura, terán que demostrar a súa valentía e superar as súas diferenzas para adaptarse á nova situación.
Flow, un mundo que salvar é a nova película do letón Gints Zilbalodis, gañadora do Óscar e do Globo de Ouro ao mellor filme de animación e recoñecida en festivais como Cannes e Annecy. Sen diálogos e con imaxes de gran beleza creadas en 3D con software libre, narra a viaxe dun gato que, tras unha inundación, debe aprender a convivir con outras especies nunha precaria Arca de Noé. Cun universo fantástico e onírico, explora con delicadeza temas como a soidade, a solidariedade, a tolerancia, a amizade e a superación persoal ofrecendo varios niveis de lectura.
- Ano:2024
- Países de produción: Bélxica, Francia, Letonia
- Guión: Matiss Kaza, Gints Zilbalodis
- Produtora(s): Dream Well Studio, Sacrebleu Productions, Take Five, arte France Cinéma, Canal+