
El rompecorazones
The Heartbreak Kid
Charles Grodin, Cybill Shepherd, Jeannie Berlin, Eddie Albert, Audra Lindley, Doris Roberts, William Prince, Augusta Dabney, Mitchell Jason, Joel Thingvall
- 106 min.
Lenny Cantrow, un vendedor de artigos deportivos de Nova York, casa con Lila, unha moza doce pero inxenua. Durante a súa lúa de mel en Miami, Lenny comeza a cuestionar a súa decisión ao coñecer a Kelly Corcoran, unha fermosa estudante rubia de Minnesota. A poucos días de casado, decide que cometeu un erro e obsesiónase con conquistar a Kelly, disposto a abandonar a Lila.
- Ano:1972
- Países de produción: Estados Unidos
- Guión: Neil Simon, baseado no relato "A Change of Plan" de Bruce Jay Friedman
- Fotografía: Owen Roizman
- Montaxe: John Carter
- Produtora(s): Palomar Pictures International
-
Lost and Found: The Heartbreak Kid (orixinal en inglés)
Simran Hans (Sight & Sound)
-
The Marvelous Ms. Elaine May (orixinal en inglés)
Manohla Dargis (The New York Times)
Fragmentos do filme
Coa música orixinal de Cy Coleman
Close to You: Elaine May’s The Heartbreak Kid (1972)
Danica van de Velde (Senses of Cinema)
Elaine May abre a súa segunda longametraxe, The Heartbreak Kid (1972), comprimindo en tres minutos o ciclo completo do cortexo. Desde que o engreído protagonista da película, Lenny (Charles Grodin), ensaia o seu sedutor «ola» no espello antes de poñelo en práctica con Lila (Jeannie Berlin) nun bar, a película pasa rapidamente ao primeiro ruborizo do romance: o seu primeiro bico, a súa primeira cita e o primeiro intento de Lenny de, a falta dunha expresión mellor, meterse nos pantalóns de Lila. Cando Lila rexeita as insinuacións amorosas de Lenny, a película pasa ao día da súa voda, no que o seu primeiro baile é unha versión ao piano do éxito de 1970 dos Carpenters «Close to You». Esta canción ten varias versións na película, e a máis cómica -por non dicir irónica- é a interpretación desafinada de Lila durante a súa viaxe de lúa de mel a Miami, onde se fai cada vez máis evidente que a proximidade é o último que Lenny busca coa súa nova noiva.
Descrita nun artigo de Manohla Dargis (...) como unha «cineasta criminalmente infravalorada», May saltou á fama na década de 1960, inicialmente como parte dun dúo de comedia de improvisación con Mike Nichols. A diferenza doutras sociedades cómicas da época, o humor de Nichols e May centrábase na interpretación de diferentes personaxes, un enfoque que en moitos sentidos prefiguraría a carreira cinematográfica de ambos. En particular, The Heartbreak Kid comparte unha xenealoxía co humor de Nichols e May na súa mordaz observación dos defectos humanos, o que Carrie Rickey caracteriza elocuentemente como «a comedia da incomodidade, á vez delirante e angustiosa». (...)
Construíndo a súa comedia ao redor de constelacións de miradas, expresións e xestos nos seus rostros, May mantén os personaxes de The Heartbreak Kid claustrofobicamente dentro do encadre e atrápaos en escenas coas mesmas persoas das que desexan escapar. (...) Os espectadores poden saír da sala de cine despois de ver The Heartbreak Kid non como misántropos, senón cun sorriso irónico de agradecemento; isto fala da habilidade de May para descubrir o lado máis escuro das relacións e conseguir atopar unha físgoa cómica de luz.