La última frontera
Quim Lecina, Bozena Lasota, Francesca Neri, Rosa Raich, Marcel Muntaner
- 80 min.
Indagación, que mixtura documental e ficción, sobre o suicidio do filosofo alemán Walter Benjamin na localidade catalana de Portbou en setembro de 1940.
-
Nos límites da realidade. Cine documental en España
La última frontera
Versión lingüística:VOFormato:35mm. -
Nos límites da realidade. Cine documental en España
La última frontera
Versión lingüística:VOFormato:35mm.
- Ano:1991
- Países de produción: España
- Guión: Pilar Parcerisas, Manuel Cussó-Ferrer
- Fotografía: Llorenç Soler
Comentarios á sesión
Manuel Cussó-Ferrer
La última frontera pon en escena a travesía do filósofo alemán de orixe xudeu Walter Benjamin polos Pirineos, desde Banyuls-sur-mer ata Portbou, onde se suicidou o 26 de setembro de 1940 ó enterarse de que sería repatriado. As horas da dura travesía a pé polas montañas pirenaicas que separan Francia e España acompañado doutros alemáns que tamén fuxían dos nazis dá lugar a unha serie de «flash-backs» que sitúan algúns elementos biográficos e do pensamento do filósofo.
A película combina ficción e documento. Entre os elementos documentáis que se engaden ó film, cabe destacar as entrevistas con Jean Selz, crítico de arte francés que coñeceu a Walter Benjamin na Ibiza dos anos trinta e que é un dos escasos testimonios vivos dunha amistade co filósofo. Tanto esta entrevista como a voz «off» da fotógrafa Gisèle Freund aportan ó film elementos de gran valor documental respecto ó coñecemento directo do personaxe, a quen se adica este film co galló do centenario do seu nacemento que se cumpre o 15 de xullo de 1992. A figura dun narrador, unha colaboración especial de Klaus J. Gerke, enlaza ficción e documento na película encarnando a un investigador da vida e obra do filósofo.
La última frontera é unha investigación e un retrato interiorizado «sobre» e «de» Walter Benjamin; un retrato, sen embargo, do que é máis dificil retratar: o pensamento, máis cá psicoloxía.