Huella de luz
Antonio Casal, Isabel de Pomés, Juan Espantaleón, Camino Garrigó
- 73 min.
Octavio, xove empregado dunha gran empresa téxtil, sufre un desmaio por desnutrición en presencia do seu patrón, que, conmovido e alarmado, o envía a pasar un mes de descanso ó balneario do que é accionista maioritario.
- Ano:1943
- Países de produción: España
- Guión: Wenceslao Fernández Flórez, Rafael Gil (Novela: Wenceslao Fernández Flórez)
- Fotografía: Alfredo Fraile
Comentario polo centenario do cine. Ciclo Huellas de luz.
José Luis Castro de Paz
Terceiro film do seu director e un dos máis característicos do período de esplendor de CIFESA (1939-45), constitúe unha película de inusual riqueza onde se inscriben algunhas das contradiccións da posguerra. Os premios oficiais e os eloxios da crítica coinciden coas súas pretensións iniciais: unha certa lexitimidade artística, apoiada tanto na base literaria como no seu tratamento filmico. Definida na época como «comedia humana», a historia dun débil oficinista (...) que, tras ser convidado polo seu xefe a unhas luxosas vacacións, conseguirá, por mor da súa honradez e fidelidade, o ascenso laboral e o amor da fermosa e rica protagonista, ofrece, xunto a algúns dos rasgos temáficos do comedia do primeiro franquismo (...), substanciais particularidades. A súa sinceira tenrura non oculta a presencia do miseria cotis (...), posibilitada en boa medida por Camández Flórez autor adaptado e dialoguista cunha vino lación co réximeque o convertía en idóneo para acceder a un moderado verismo social. Empero, este intégrase nun film vertebrado, metaforicamente, por un Feito Histórico oculto pero decisivo: a Victoria como inicio dunha Nova Era. Así, o patrón benefactor coida e premia, algo que ninguén fixo por el no pasado, namorado, sen éxito malia o seu empeño, da nai da xove protagonista (...). Inspirándose en modelos norteamericanos (Capra, Lubitsch), Gil dota de coerencia a tan dispares elementos, combinando o sentimental e o cómico con atinado ritmo e inscribindo o fantástico na súa mesma escritura (...).
O subril recurso da dirección do movemento de cámara (privilexiando dereita e esquerda segundo predomine o rexistro cómico ou o miserabilista) e a secuencia da conversión do protagonista en rico herdeiro, dan mostras da capacidade de Gil para elaborar un discurso, unha mirada sobre o material tratado. Mentres se disfraza con elegantes traxes, o encuadre vai aillando a súa imaxe e a do mordomo nun espello, ata que este ocupa a totalidade do mesmo. Só a traves de aquel vemos xurdir a seu outro eu, quen, sen episodio ningún de transición, aparece xa no hotel, escenario dos soños. Luxo e miseria, realismo e fantasía, pasado e presente, fascinación e reflexión. Tales son os fértiles contrastes que nos propón Huella de luz.