
O corpo aberto
Tamar Novas, Victória Guerra, María Vázquez, Federico Pérez
- 91 minutos
1909. Miguel, un xoven profesor, é destinado a un pequeno pobo de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, segundo se achega o inverno, sinte como a escuridade vaise apoderando de todo ao seu redor ao tempo que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda. Nun lugar dominado pola superstición, a estrana morte dun veciño do pobo libera un espíritu libre na procura dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, o que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos. Adaptación dun relato de Xosé Luis Méndez Ferrín, segundo traballo longo de Ángeles Huerta.
- Ano:2022
- Países de produción: España, Portugal
- Guión: Ángeles Huerta, Daniel García; relato Xosé Luis Méndez Ferrín
- Fotografía: Gina Ferrer
- Produtora(s): OlloVivo Producións, Fasten Films, Cinemate