
Places in Cities
Plätze in Städten
Sophie Aigner, Vincent Branchet
- 117 minutos
Escenas da vida dunha estudante de secundaria de 19 anos en Berlín na procura dun lugar na vida entre o instituto e as amigas, os desenganos amorosos e a dolorosa separación da nai. Cando regresa embarazada dunha viaxe escolar a París, a súa situación empeora sen que se albisque unha solución inmediata. En prolongadas escenas e de maneira intimista a película enchóupase do ambiente e da atmosfera para describir, tanto con sutileza como con sensibilidade, as experiencias da rapaza nunha contorna carente de amor. O rigor e a austeridade no deseño da narración impóñense unha vez máis en Schanelec e van máis aló das convencións fílmicas habituais. Presente en Un Certain Regard (Cannes).
- Ano:1998
- Países de produción: Alemaña
- Guión: Angela Schanelec
- Fotografía: Reinhold Vorschneider
- Montaxe: Angela Schanelec, Bettina Böhler
- Produtora(s): Schramm Film, ZDF