
Cuna
- 15 minutos
Cuna é a familia, os arrolos que me cantaban meus pais de cativa, os contos na cama, as caricias na meixela. Cuna é a miña primeira curtametraxe, por iso quero dedicarlla de maneira total a meus pais, porque eles teñen moito que contar aínda.
A investigación do persoal e familiar non significa entremeterse na vida privada. É un punto de investigación e estudo en relación á infancia. A pregunta está en que lembramos do pasado e quen nos axuda a recuperalo. Se o que eu quero ten pingas da miña vida, a historia non fará máis que medrar no nivel persoal. Realmente o que máis valoro cando escribo é o que aparece con respecto ao vivido: o non vivido. A este punto chégase a partir da non ficción.
Grazas aos meus personaxes, e no caso de Cuna, aos meus pais, podo vivir e revivir. (Lucía Estévez)
-
Off Galicia
Area
Cuna
Espazo
16-11-2016 / 13-5-2017
Presentan: A. Fazáns, L. Estévez, A. Filgueira, M. Valverde. Entrada de balde
- Ano:2017
- Países de produción: España