
Sonrisas de una noche de verano
Sommarnattens leende
Ulla Jacobsson, Eva Dahlbeck, Harriet Andersson
- 108 minutos
Na última parte da triloxía do verán Bergman troca o drama pola comedia e decide facer un filme de época, situado a comezos do século XX no contexto dunha clase aristocrática e os seus serventes, cunha serie de enredos sobre parellas que cambian de compañeiros durante unha noite.
Logo da boa acollida das súas primeiras películas e xa con sona internacional, Bergman estréaa en Cannes, onde recibe o seu primeiro galardón con esta fita. A revista TIME elixiuna en 2005 como unha das mellores películas da historia do cine. Proba da súa popularidade son as múltiples adaptacións posteriores que se fixeron. A máis famosa é a homenaxe que Woody Allen lle rendeu n'A comedia sexual dunha noite de verán.
- Ano:1955
- Países de produción: Suecia
- Guión: Ingmar Bergman
- Fotografía: Gunnar Fischer
-
Artigo de opinión de Isabel Coixet
Publicado en XL Semanal
Escena do filme
Versión orixinal