
A Train Arrives at the Station
- 16 minutos
Antoloxía de trens entrando en estacións cunha escolla de extractos de filmes de entre 1904 e 2015.
- Ano:2016
- Países de produción: Estados Unidos
Antoloxía de trens entrando en estacións cunha escolla de extractos de filmes de entre 1904 e 2015.
Este filme foi un agasallo para min mesmo. Non o reivindico, nin tampouco ofrezo desculpas por el. Provén do traballo de The Thoughts That Once We Had. Houbo un plano que tivemos que cortar e cuxa perda lamentei profundamente. Era un tren entrando na estación de Toquio do filme Ozu O fillo único. Así que decidín facer un filme sobre isto: unha antoloxía de chegadas de trens. Comprende 26 escenas tiradas de planos de películas de entre 1904 e 2015. Ten unha simple estrutura serial: cada secuencia en branco e negro na primeira parte rima cunha secuencia en cor na segunda parte. Así, o primeiro e o último plano mostran trens chegando a estacións en Xapón dende un ángulo baixo. No primeiro (d’O fillo único), o tren móvese á dereita; no último plano, faino cara á esquerda. Un tren bala substituíu unha vella locomotora. Estes dous planos, por suposto, evocan o primeiro filme sobre trens de August e Louis Lumière, L’Arrivée d’un train en gare de La Ciotat. Así que despois de moitos anos fixen outra vez un filme estrutural, mesmo se non era a miña intención orixinal.
Thom Andersen