Á vez unha biografía de Muybridge, unha reanimación das súas históricas fotografías secuenciais e unha inspirada análise das súas implicacións filosóficas. Se semella que o filme naceu completamente formado, isto débese en non pouca medida a unha intensiva preconceptualización. Tendo escrito primeiro nas páxinas de Film Culture en 1966, Andersen estableceu o campo de traballo que rexería o traballo final antes de se materializar. A súa realización práctica comezou pouco despois coma un filme de graduación na UCLA no que refotografou meticulosamente máis de 3000 imaxes de Muybridge.
Mentres os esforzos historiográficos por reanimar estes estudos se remontan, cando menos, ao The Film Parade de J. Stuart Blackton en 1932, o exercicio era neste caso unha plataforma de lanzamento. Traballando en colaboración con prominentes artistas e académicos entre os que se contan o cineasta Morgan Fisher (que axudou na montaxe final), o compositor Mike Cohen, o biógrafo de Muybridge Robert Bartlett Haas, e o narrador Dean Stockwell, Andersen tomou a idea visual do material en bruto e expandiuno, do que resultou unha fonda meditación sobre a natureza da visión.
A “zoopraxography” do título refírese tanto aos estudos de Muybridge sobre o movemento – distintos da fotografía– como ao seu aparello de 1879, que permitía a proxección de imaxes. Como tal, pon o foco sobre o rol de Muybridge como inventor do cine e do cine en si mesmo coma unha ilusión que nace do estatismo.

Ross Lipman