
Manuel Vilariño. Ser luz
José Manuel Mouriño, 2016
70'. DCP. Presentación: J.M. Mouriño, A. uiz de Samaniego e Manuel Vilariño. Entrada de balde
Manuel Vilariño. Ser luz
(España, 2016)
Dirección: José Manuel Mouriño. Guión: Alberto Ruiz de Samaniego e José Manuel Mouriño. Dur: 70'.
Comisariada por Alberto Ruiz de Samaniego, Tectónica, a exposición de Manuel Vilariño que o CGAC acolleu en 2015, indagaba no “universo creativo e poético” do artista, os materiais e as súas fontes de inspiración. Esa exposición é agora o punto de partida de Ser luz, un documental ensaístico que, en certo modo, prolóngaa, e nos propón sutís relacións entre o traballo do fotógrafo e os dun ferreiro, un fareiro, un astrónomo ou un proxeccionista cinematográfico. O final do camiño non podía ser outro que José Ángel Valente, o poeta que, xunto a María Zambrano, máis pegada deixou na obra de Vilariño. Milagrosamente, ese traballo coa luz ou coas palabras adquire vida propia en mans de José Manuel Mouriño; e tamén unha singular beleza. (Jaime Pena, OUFF)