
Party Girl / Mil noches, una boda
Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger e Samuel Theis, 2014
95'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
PARTY GIRL / MIL NOCHES, UNA BODA
(Francia, 2014)
Dirección e guión: Marie Amachoukeli-Barsacq, Claire Burger e Samuel Theis. Fotografía: Julien Poupard. Produción: Elzévir Films. Intérpretes: Angélique Litzenburger, Joseph Bour. Duración: 95 minutos.
Unha muller de 60 anos, Angélique, continúa cunha vida de diversión. Leva aos clientes a un cabaré próximo á fronteira alemá. Un día ten ocasión de abandonar esta vida. A liberdade de elección, a complexidade dos afectos e a influencia da contorna social nun filme realista e ben elaborado.