
Arraianos (+ O cazador)
Eloy Enciso, 2012 (+ Ángel Santos, 2008)
90'. DCP/ Vídeo. Presentación. Entrada de balde.
ARRAIANOS
(España, 2013)
Dirección: Eloy Enciso. Guión: José Manuel Sande e Eloy Enciso. Produción: Artika e Zeitun Films. Fotografía: Mauro Herce. Intérpretes: Aurora Salgado, Antonio Ferreira. Duración: 70 minutos.
Nun lugar que semella perdido nos bosques entre Galicia e Portugal, momentos de ficción conviven co cotián dos seus habitantes, os arraianos, que interpretan diálogos dunha obra teatral. Realidade, mitos e soños fúndense neste filme libremente inspirado na obra O bosque, de Jenaro Marinhas del Valle. Produto dun longo proceso de creación, unha película sobre o tempo, a memoria e a propia musicalidade da palabra. Premiada en Sevilla, BAFICI e estreada en Locarno 2012.
Inclúe a curta O cazador (2008) de Ángel Santos.