Kapurush / El cobarde
Satyajit Ray, 1965
74'. DCP. Subt. galego.
KAPURUSH / EL COBARDE
(India, 1965)
Dirección e guión: Satyajit Ray, sobre o relato Janaiko Kapuruser Kahini de Premendra Mitra. Produción: R.D. Bansal & Co. Fotografía: Sumendu Roy. Intérpretes: Sumitra Chatterji, Madhabi Mukherji. Duración: 74 minutos.
Inicialmente unha longametraxe que fusionaba os dous títulos, El cobarde y El santo, e tiña por subtítulo Hombre bueno, hombre malo. Estamos perante a enésima mostra da arte de Ray: unha brillante narración de estirpe chejoviá onde un guionista na procura de inspiración queda colgado nun remoto lugar e acaba por reencontrarse co amor da súa vida. Unha sorte de remake de Charulata, destaca pola súa sonoridade, a pertinente partitura musical e a elegancia visual.