
Verano
José Luis Torres Leiva, 2011.
93'. Vídeo.
VERANO
(Chile, 2011)
Dirección e guión: José Luis Torres Leiva. Produción: La Ventura. Fotografía: Inti Briones. Intérpretes: Rosario Bléfari, Julieta Figueroa. Duración: 93 minutos.
Durante un caloroso día de verán, pequenos eventos marcan a vida dun grupo de visitantes e traballadores dunhas vellas termas no sur de Chile. Julieta, Francisco, Isa, Rodrigo, Ignacio, Mariana, Muriel, Gabriela, Eliseo, Norma, Alejandra e Claudio pasan as longas horas do estío na natureza aprendendo a conducir, limpando a casa, bicándose por primeira vez ou só falando e camiñando, entrementres o día devagar se disolve en fragmentos de felicidade e descubrimento. Outro traballo do chileno Torres Leiva fiel a si mesmo: a análise do tempo, o xogo cromático e formal, os materiais de condición autorreflexiva.