
Somos gente honrada
Alejandro Marzoa, 2013.
85'. DCP. Entrada de balde.
SOMOS GENTE HONRADA
(España, 2013)
Dirección: Alejandro Marzoa. Guión: Miguel Ángel Blanca e Alejandro Marzoa. Produción: Vaca Films, El Terrat e Persona Non Grata Pictures. Fotografía: Arnau Valls Colomer. Intérpretes: Miguel de Lira, Paco Tous. Duración: 85 minutos.
Dous homes, Suso e Manuel, pais de familia sen traballo e a pasaren apuros económicos, teñen un encontro inesperado. Nunha noite de pesca topan un fardo con dez quilogramos de cocaína. O feito muda perigosamente as súas vidas. Traxicomedia de ton costumista e situacións de thriller cun nutrido elenco de secundarios (Morris, Pico, Unax Ugalde, Manuela Vellés), obtivo varios Premios Mestre Mateo, entre eles á mellor longametraxe.