La bicicleta verde
Haifaa Al-Mansour, 2012.
98'. DCP. Subt. castelán. Entrada de balde.
WADJDA / LA BICICLETA VERDE
(Arabia Saudita-Alemaña, 2012)
Dirección e guión: Haifaa Al-Mansour. Produción: Razor Film, Highlook Coomunications Group e Rotana Film Production. Fotografía: Lutz Reitemeier. Intérpretes: Reem Abdullah, Waad Mohammed. Duración: 98 minutos.
A primeira película filmada por unha muller e integramente rodada en Arabia Saudita foi estreada no Festival de Venecia. É unha historia agridoce e costumista baseada na vida dunha sobriña de dez anos da directora. Ser muller e vivir nunha sociedade como a saudita permite viaxar a outra dimensión tan horrenda coma inesperada. Wadjda desexa ter unha bicicleta para poder competir co seu amigo Abdullah, pero a súa nai non llo consente porque as bicicletas son unha indignidade para a muller.