Sesión curtametraxes
Nicolás Guillén Landrián, (1963-1968)
74'. Vídeo.
EN UN BARRIO VIEJO
(Cuba, 1963)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Fotografía: Livio Delgado. Duración: 9 minutos.
Poucos anos despois do triunfo da revolución, A Habana parece unha cidade de posguerra. Retrato da xente que vive na parte vella da cidade. Mención de Honra no Festival de Cracovia 1964.
LOS DEL BAILE
(Cuba, 1965)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Produción: Eduardo Valdés Rivero. Fotografía: Luis García. Duración: 6 minutos.
A xente baila durante unha actuación da Orquestra de Pello el Afrokán. Filme con problemas de censura, como aconteceu con PM, por mostrar unha imaxe non desexada da Habana nocturna, lonxe do fomento do heroísmo revolucionario.
OCIEL DEL TOA
(Cuba, 1965)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Produción: José Gutiérrez. Fotografía: Livio Delgado. Duración: 16 minutos.
Ociel é un adolescente que vive nas proximidades do río Toa, na rexión máis oriental de Cuba, un lugar duro. Vai á escola e leva un caiuco. Premio Espiga de Ouro en Valladolid 1966.
RETORNAR A BARACOA
(Cuba, 1966)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Produción: José Gutiérrez. Fotografía: Livio Delgado. Duración: 16 minutos.
Retrato de Baracoa, a cidade máis oriental de Cuba, e dos seus habitantes. Filme prohibido.
REPORTAJE
(Cuba, 1966)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Produción: José Gutiérrez. Fotografía: Livio Delgado. Duración: 9 minutos.
Hai un mitin político dos campesiños contra a ignorancia. A Ignorancia é representada por un boneco de trapo. Durante os discursos, os campesiños parecen non entender. Prefiren bailar. Outro traballo de Nicolás Guillén Landrián prohibido polas autoridades.
COFFEA ARÁBIGA
(Cuba, 1968)
Dirección e guión: Nicolás Guillén Landrián. Produción: José Rouco. Fotografía: Lupercio López. Duración: 18 minutos.
Do cafeal aos teus beizos. O Instituto Cubano de Cine encargou a Nicolás Guillén Landrián facer un documental de propaganda para mostrar como sementar café arredor da Habana. Didáctico e irreverente a un tempo, o autor usa na banda sonora unha canción prohibida dos Beatles, The Fool on the Hill.