Cabra marcado para morrer
Eduardo Coutinho, 1984
119‘. DCP. Subt. Castelán.
CABRA MARCADO PARA MORRER
(Brasil, 1984)
Dirección e guión: Eduardo Coutinho. Produción: Produções Cinematográficas Mapa Filmes e Eduardo Coutinho. Fotografía: Edgard Moura e Fernando Duarte. Duración: 119 minutos.
En 1962, o líder da liga campesiña de Sapé, João Pedro Teixeira, é asasinado por orde duns terratenentes. En 1964, Eduardo Coutinho comeza a rodar unha reconstrución de ficción da súa vida e do compromiso político que o levou á morte. A filmación, coa participación dos campesiños do Ingenio Galiléia e a viúva do João Pedro, Elizabeth Teixeira, é interrompida polo golpe militar do 31 de marzo de 1964. Dezasete anos despois, en 1981, Coutinho retoma o proxecto e busca a Elizabeth Teixeira e a outros participantes da película interrompida. O tema central pasa a ser a traxectoria de cada un deles, alentados pola cámara e a revisión das imaxes do pasado. Elizabeth, agochada desde 1964 no interior do Rio Grande do Norte, mudou de nome e vive cun dos seus dez fillos. Coa filmación, Elizabeth sae da clandestinidade e retoma a súa identidade, para tratar de reconstruír a súa vida e a da súa familia.