Heterodocsias: Neorrealismo
VV. AA. (1950-1958)
66’. Cine.
EL NOSTRE PAN DE CADA DÍA
(España, 1950)
Dirección, guión, fotografía e produción: Joan Blanquer e Ramón Bardés. Duración: 11 minutos.
Ensaio neorrealista de leve argumento e enorme denuncia social. A cámara percorre, xunto a un cativo famento, unha zona de covas habitadas por emigrantes chegados a Sabadell na posguerra.
UNA AVENTURA VULGAR
(España, 1953)
Dirección e guión: Antonio Crespo. Produción: Luis Álvarez Pastor. Fotografía: Antonio Medina Bardón. Intérpretes: Francisco García, Aurelia González. Duración: 20 minutos.
Un home, ante unha serie de agoiros de boa sorte, decide mercar un décimo de lotaría. Ese mesmo día un automóbil atropélao. Cando sae do hospital, o billete –premiado- desapareceu. Inicia unha busca desesperada que inclúe a tentación do suicidio.
EL ANDAMIO
(España, 1958)
Dirección e guión: Rogelio Amigo. Produción: Docampo-Amigo. Fotografía: Carlos Docampo. Intérpretes: José María Pujalte, Marisa Naya. Duración: 35 minutos.
Juan, un obreiro, morre ao caer dunha estada. O aparente accidente lévanos a un longo flash-back localizado no inicio da guerra civil española, cando uns homes lle levan unhas xoias a Juan. Duro melodrama cheo de erudición cinematográfica que saca partido ás localizacións da cidade da Coruña. Copia restaurada polo CGAI en 2008. Un documental, 50 años en el andamio (2009), dirixido por Ángel Rueda, investiga sobre a película orixinal.