Double Take
Johan Grimonprez, 2009.
80’. Vídeo. Subt. Castelán
DOUBLE TAKE
(Bélxica-Alemaña-Holanda, 2009)
Dirección e guión: Johan Grimonprez. Produción: Zap-o-matik (Bélxica). Fotografía: Martin Testar. Duración: 80 minutos.
Un dobre do director británico Alfred Hitchcock e das súas películas instálanos na confusión da Guerra Fría, en medio dun relato que recrea a psicose política e social dos primeiros anos 60. Anulando a división realidade-ficción, o belga Johan Grimenprez, a partir dun monólogo escrito polo novelista británico Tom McCarthy e baseado no conto El otro de Jorge Luis Borges, estuda a relación do dobre co orixinal e o rico e complexo contexto histórico.