
PERFUMED NIGHTMARE
Kidlat Tahimik, 1977
93´. Vídeo. Subtítulos en galego.
MABABANGONG BANGUNGOT / PERFUMED NIGHTMARE
(Filipinas, 1977)
Dirección, guión e produción: Kidlat Tahimik. Fotografía: Hartmut Lerch e Kidlat Tahimik. Intérpretes: Mang Fely, Dolores Santamaría, Kidlat Tahimik. Duración: 93 minutos.
Premiada en Berlín, estreada en Filipinas en 1979, a historia (semiautobiográfica) dun mozo filipino que soña con viaxar a América, obsesionado por Cabo Cañaveral. Presidente do Club de fans Werner Von Braun, vive nunha pequena vila. Con atrevidos recursos narrativos, espírito de denuncia e sentido do humor, unha exploración premonitoria sobre algúns riscos globalizadores.