
OLIVER
Nick Deocampo, 1983
45´. Vídeo. Subtítulos en galego.
OLIVER
(Filipinas, 1983)
Dirección, guión e fotografía: Nick Deocampo (Rosa ng Maynila). Produción: Hagmut Brockmann. Intérpretes: Rene Villarama. Duración: 45 minutos.
Retrato da vida dun mozo homosexual que, para manter á súa familia, actúa travestíndose en locais de ambiente en Manila. Deocampo arremete contra a cultura machista e a corrupción na sociedade filipina militarizada. Na realización deste filme, Deocampo ocultou a súa verdadeira identidade adoptando o pseudónimo de Rosa ng Maynila, como homenaxe ao director alemán Rosa von Praunheim, autor que axudou a estimular ideas en torno á sexualidade e a realización cinematográfica como forma de acción política.