
23 F, EL DÍA MÁS DIFÍCIL DEL REY
Silvia Quer, 2009
150´. Vídeo.
23 F, EL DÍA MÉS DIFÍCIL DEL REI / 23-F, EL DÍA MÁS DIFÍCIL DEL REY
(España, 2009)
Dirección: Silvia Quer. Guión: Helena Medina. Produción: Televisió de Catalunya, Alea Docs&Film e a participación de TVE. Fotografía: David Omedes. Intérpretes: Lluis Homar, Emilio Gutiérrez Caba, Mónica López. Duración: 150 minutos.
A miniserie máis vista da historia recente da televisión, gañadora do Premio Gaudí á mellor película para televisión. Unha reconstrución histórica a través dos principais actores do golpe de estado (especialmente o monarca) perpetrado o 23 de febreiro de 1981 que conta con solventes intérpretes como Juan Luis Galiardo (Alfonso Armada) e José Sancho (Miláns Del Bosch).