ARMA DE DOS FILOS
Samuel Fuller, 1969
92´. Subtítulos en castelán.
SHARK! / ARMA DE DOS FILOS
(Estados Unidos-México, 1969)
Dirección: Samuel Fuller. Guión: Samuel Fuller e John Kingsbridge sobre a novela de Victor Canning His bones are coral. Produción: Heritage Entertainment e Cinematográfica Calderón. Fotografía: Raúl Martínez Solares. Intérpretes: Burt Reynolds, Arthur Kennedy, Barry Sullivan. Duración: 92 minutos.
Un contrabandista de armas está a piques de ser arrestado no norte de África. Logo de fuxir milagrosamente consegue traballo como mergullador para un biólogo mariño, pero axiña decatarase de que o interese real dos seus xefes é facerse cun tesouro sen máis garda que as quenllas. Fuller abre con este título unha etapa marcada polas dificultades, das que xa nunca se apartará: orzamentos escasos, demenciais condicións de rodaxe, réxime de coprodución fóra dos Estados Unidos e equipos técnico-artísticos desiguais. Atención ao desenlace enxeñoso, o clima creado e a medida caracterización dalgúns dos personaxes.