LES CHANSONS D´AMOUR
Christophe Honoré, 2007.
95´. Subtítulos en galego.
LES CHANSONS D´AMOUR
(Francia, 2007)
Dirección e guión: Christophe Honoré. Produción: Alma Films, Flach Films. Fotografía: Rémy Chevrin. Intérpretes: Louis Garrel, Ludivine Sagnier, Chiara Mastroianni. Duración: 95 minutos.
Musical sobre un xornalista, Ismael, e a súa moza, Julie, que deciden agregar a alguén máis á súa relación, Alice. Para os tres é algo estraño, pero lévano da mellor maneira que poden. Algo cándidos, dormen xuntos e apenas discuten, e decláranse o seu amor con cancións nas rúas. Pero esta situación acaba sendo unha carga para Julie, a quen lle gustaría estar de novo a soas con el. Cando un incidente pon fin ao trío amoroso, todo se volve inestable, sobre todo na vida de Ismael, que intenta con dificultade administrar a súa confusión.