KHIAM
Joana Hadjithomas e Khalil Joreige, 2000-2008
105´. Vídeo. Subtítulos en galego.
KHIAM
(Líbano-Francia, 2000-2008)
Dirección, guión e fotografía: Joana Hadjithomas e Khalil Joreige. Produción: Abbout Productions (Líbano) e Ideale Audience (Francia). Intérpretes: Souha Bechara, Afif Hamoud. Duración: 105 minutos
Como sobrevivir no campo de concentración de Khiam, no Sur do Líbano? Unha serie de persoas que pasaron máis de dez anos neste inferno que desde 1985 comezou a amorear detidos describen as súas experiencias. En 2000 Khiam pecha e renace como museo, pero a intervención de Israel en 2006 logra a destrución dos arquivos do campo. Só a memoria dos superviventes permanece.