MI TÍO DE AMÉRICA
Alain Resnais, 1980
125´. Subtítulos en castelán.
MON ONCLE D´AMÉRIQUE / MI TÍO DE AMÉRICA
(Francia, 1980)
Dirección: Alain Resnais. Guión: Jean Gruault, inspirado nos traballos científicos de Jean Laborit. Produción: Andréa Films, TF1. Fotografía: Sacha Vierny. Intérpretes: Gérard Depardieu, Nicole Garcia. Duración: 125 minutos.
O primeiro gran éxito de público de Resnais é un relato que presenta as relacións entre tres personaxes diferentes, Jean, Janine e René, inspirado nas teorías do comportamento do neuropsicólogo Henri Laborit. O resultado é un orixinal cruzamento entre a análise científica e o lirismo. Premios FIPRESCI e Especial do Xurado en Cannes 1980.