
BOTÓN DE ANCLA
Ramón Torrado, 1947.
100´. Entrada gratuíta.
BOTÓN DE ANCLA (España, 1947) Dirección: Ramón Torrado. Guión: Ramón Torrado e H.S. Valdés. Produción: Suevia Films-Cesáreo González. Fotografía: Andrés Pérez Cubero e Manuel Berenguer. Intérpretes: Jorge Mistral, Antonio Casal, Fernando Fernán-Gómez. Duración: 100 minutos. Un dos grandes éxitos da historia do cine español, unha comedia de fondo militar —as peripecias de tres cadetes na Academia Naval, que non é outra que a de Marín— e de clara liña ideolóxica. Declarada de Interese Nacional, un reparto único, co trío protagonista e secundarios como Mary Santpere, Encarna Paso, María Isbert ou Félix Fernández, facilitou a solvencia dun título que saneou as arcas da produtora Suevia Films do galego Cesáreo González.