
LA CASA DE LA ALEGRÍA
Terence Davies, 2000
140´. Subtítulos en galego.
THE HOUSE OF MIRTH / LA CASA DE LA ALEGRÍA
(Gran Bretaña, 2000)
Dirección e guión: Terence Davies, sobre a novela de Edith Wharton. Produción: Three Rivers Production / Arts Council of England / Diaphana Films / Film Four Limited / Granada Films Limited. Fotografía: Remi Adefarasin. Intérpretes: Gilliam Anderson, Eric Stolz, Dan Aykroyd. Duración: 140 minutos.
Nova York, 1905. Lily Bart é a sensación da alta sociedade. Atractiva, amante do luxo, do xogo e da diversión, ten que elixir entre o amor verdadeiro e a procura dun marido rico que lle permita acrecentar a súa escasa renda, pagar débedas e manter o seu tren de vida. Unha serie de decisións equivocadas fan que os rumores acerca da súa conduta se disparen e causen a súa progresiva caída. Exquisito drama romántico baseado nunha narración de Edith Warton (“La edad de la inocencia”) que conta con intérpretes como Anthony LaPaglia e Laura Linney.