QUI M´AIME ME SUIVE
Benoît Cohen, 2005.
100´. Subtítulos en castelán.
QUI M´AIME ME SUIVE
(Francia, 2005)
Dirección: Benoît Cohen. Guión: Benoît Cohen e Eléonore Pourriat. Produción: Shadows Films. Fotografía: Bertrand Mouly. Intérpretes: Mathieu Demy, Eléonore Pourriat, Julie Depardieu. Duración: 100 minutos.
Maxime Mariscal ten 35 anos e é un médico brillante, que leva unha vida normal entre a súa muller, avogada, os seus amigos administrativos e unha familia satisfeita. Pero un día coñece a Chine, unha cantante que pon patas arriba a súa confortable existencia. Max revive o seu soño de xuventude, volvendo formar un grupo de rock e deixando o traballo. Inicia unha carreira frenética que vai afectar a todos os seres da súa contorna.