DOUCHES FROIDES
Antony Cordier, 2005.
102´. Subtítulos en castelán.
DOUCHES FROIDES
(Francia, 2005)
Dirección e guión: Antony Cordier, sobre un texto literario de Julie Peyr. Produción: Why Not Productions. Fotografía: Nicolas Gaurin. Intérpretes: Johan Libéreau, Salomé Stévenin. Duración: 102 minutos.
Aos seus 17 anos, Mickael é o capitán do equipo de judo e prepárase para a selectividade. Todo iría ben se a súa familia non tivese constantemente problemas económicos e, sobre todo, se non estivese tentado de compartir á súa medio moza Vanessa con Clement, un rapaz que acaba de chegar, fillo do patrocinador do equipo. Premio César á mellor ópera prima.