TINTENFISCHALARM
Elizabeth Scharang, 2006.
107´. Subtítulos en galego.
TINTENFISCHALARM / [ALARMAPOLBO]
(Austria, 2006)
Dirección e guión: Elisabeth Scharang. Produción: Wega Film. Fotografía: Josef Neuper, Elisabeth Scharang, Christian Schneider. Duración: 107 minutos.
Alex é un intersexual, unha persoa que non cabe na clasificación de masculino ou feminino. Foi intervido cirurxicamente e creceu, como nena, nunha pequena aldea de Austria. Hoxe intenta atopar persoas coas que poida compartir experiencias e vivir a vida que escolleu: unha vida como home.