
CRÓNICA DE ANNA MAGDALENA BACH
Jean-Marie Straub, 1967.
93´. Subtítulos en galego.
CHRONIK DER ANNA MAGDALENA BACH / CRÓNICA DE ANNA MAGDALENA BACH
(RDA-Italia, 1966)
Dirección: Jean-Marie Straub. Guión: Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Produción: Franz Seitz, Gian Vittorio Baldi, Jean-Marie Straub e Danièle Huillet. Fotografía: Ugo Piccone. Intérpretes: Gustav Leonhardt, Christa Lang. Duración: 93 minutos.
Reconstrución da biografía musical de Bach a partir de materiais heteroxéneos (cartas, documentos administrativos, manuscritos, necrolóxicas, partituras), poñendo o énfase na filmación e gravación en directo das interpretacións que forman o corpo substancial da película. Libremente baseada nun texto apócrifo da esposa do músico, nunha entrevista da época Straub dedicou o título ao Vietcong.