LAS AMARGAS LÁGRIMAS DE PETRA VON KANT
Rainer Werner Fassbinder, 1972.
124´. Subtítulos en galego.
DIE BITTEREN TRÄNEN DER PETRA VON KANT / LAS AMARGAS LÁGRIMAS DE PETRA VON KANT
(Alemaña, 1972)
Dirección e guión: Rainer Werner Fassbinder, sobre a súa obra de teatro. Fotografía: Michael Ballhaus. Produción: Tango Films. Intérpretes: Margit Carstensen, Hanna Schygulla, Irm Hermann, Eva Mattes. Duración: 124 minutos.
Petra Von Kant é unha cotizada deseñadora de moda que vén de separarse. Nun asfixiante apartamento-estudio, rexe con man caprichosa a vida de quen a rodea, especialmente a súa secretaria, Marlene, muda, submisa e eficiente. Petra namora dunha moza proletaria, Karine, pero non é correspondida. O hiperactivo e lúcido Rainer Werner Fassbinder (1945-1982) amosa de modo maxistral a complexidade dos afectos nun conto de amor, posesión e celos que bebe do seu querido Douglas Sirk.