MONEGROS
Antonio Artero, 1969
26´. Entrada gratuíta.
MONEGROS
(España, 1969)
Dirección e guión: Antonio Artero. Produción: Caja de Ahorros de la Inmaculada e Films Documento. Fotografía: Raúl Artigot. Duración: 26 minutos.
Director da lendaria e monumental “Yo creo que...” (1975) Antonio Artero fai un dos seus primeiros “destapes” das nocións de realismo. Con música e interpretación dun mozo José Antonio Labordeta e en conexión co espírito das inconformistas Xornadas celebradas en Sitges (1967), unha serie de viñetas reais (polas que asoman compoñentes autóctonos e ritos populares) escindidas en catro bloques de estudo: horizontalidade e formalismo; loita home-medio físico; etnoloxía, descrición humana; regreso á épica e cerramento cíclico.