BRIGADA HOMICIDA
Don Siegel, 1968.
101´. Subtítulos en galego.
MADIGAN / BRIGADA HOMICIDA
(Estados Unidos, 1968)
Dirección: Don Siegel. Guión: Abraham Polonsky e Henri Simoun (Howard Rodman), sobre a novela de Richard Dougherty “The Commissioner”. Produción: Universal. Fotografía: Russell Metty. Intérpretes: Richard Widmark, Henry Fonda, Inger Stevens, Harry Guardino, James Whitmore. Duración: 101 minutos.
En Nova York os axentes de policía Madigan e Bonaro buscan desesperadamente o asasino que lles roubou as súas pistolas. Mentres, o comisario xefe Russell ten poderosas razóns para desconfiar do inspector Kane, un amigo de sempre. Os problemas amorosos de Russell e Madigan combinados coa sospeita da corrupción e a traizón á ética policial proporcionan unha entretida mestura de thriller e melodrama na que o guión aparece confirmado polo célebre director perseguido na “caza de bruxas” Abraham Polonsky.