
ON DANGEROUS GROUND
Nicholas Ray, 1950.
82´. Subtítulos en castelán.
ON DANGEROUS GROUND
(Estados Unidos, 1950)
Dirección: Nicholas Ray. Guión: A.I. Bezzerides. Produción: RKO. Fotografía: George E. Diskant. Intérpretes: Ida Lupino, Robert Ryan, Ward Bond, Charles Kemper. Duración: 82 minutos.
Jim Wilson é un policía que anda na procura dun pequeno grupo de mafiosos. Solitario e violento, acepta un caso nunha comunidade illada, onde atopa unha sorprendente muller cega cuxo irmán máis novo asasinou un adolescente do lugar. A confusión moral, o percorrido espiritual na procura de redención e amor e o absoluto desamparo dos seres de Nicholas Ray, cineasta que viña de filmar pezas do interese de “They live by night” e “Llamad a cualquier puerta”.