Programa 4. ESPAÑA LEAL EN ARMAS / LA GUERRA EN ESPAÑA
Jean-Paul Le Chanois, 1937 / Antonio Solano, 1937
75´. Entrada gratuíta.
Espagne 1936 / España leal en armas
La guerra en España
Duración: 1h 14’5’’.
Ambas as películas son montaxes que ofrecen unha visión da guerra civil desde ambos os bandos, facendo un percorrido polas distintas frontes onde se combate. “Espagne 1936” é non obstante moito máis ambiciosa, xa que intenta ofrecer unha visión política da guerra, mentres que “La guerra en España” se limita a ofrecer un aspecto estritamente militar.
ESPAGNE 1936 / ESPAÑA LEAL EN ARMAS
(España, 1937)
Dirección: Jean Paul Le Chanois. Produción: Luis Buñuel para a Subsecretaría de Propaganda. Fotografía: Roman Karmen e outros. Duración: 34’30”.
Documental de montaxe, de denuncia e intervención, con comentarios de Luis Buñuel e Pierre Unik que recompila material diverso, destinado á súa difusión no estranxeiro. Recolle parte dos feitos acaecidos en España a partir da caída da monarquía, incluídos os sucesos revolucionarios de Asturias (1934), facendo un resumo do levantamento militar contra o goberno legalmente constituído e a evolución da guerra até decembro de 1936. Existe unha montaxe posterior á II Guerra Mundial, produción italiana, que comenta a participación de brigadistas italianos en España.
LA GUERRA EN ESPAÑA
(España, 1937)
Dirección: Antonio Solano. Produción: FET y de las JONS. Delegación Nacional de Prensa y Propaganda. Sección Iberoamericana. Duración: 40’27”.
Síntese do desenvolvemento da guerra desde os primeiros momentos até a toma de Bilbao. Imaxes de Andalucía e das tropas mouras. Republicanos en Zaragoza. Tropas nacionalistas nos arredores da fronte de Madrid. Desfile en Málaga tras a conquista. Ruínas do Alcázar de Toledo.