THE BATTLE OF SAN PIETRO
John Huston, 1944
40’. Subtítulos en galego.
THE BATTLE OF SAN PIETRO
(Estados Unidos, 1944)
Dirección e guión: John Huston. Produción: Army Pictorial Service of U.S. Signal Corps. Fotografía: John Huston, tenente Jules Buck e operadores do Corpo de Sinais dos Estados Unidos. Duración: 40 minutos.
Crúa, sarcástica, antiépica, arrepiante e moi realista visión doutra contenda da 2ª Guerra Mundial, localizada nunha pequena vila do val do Liri, no centro de Italia. A personalidade de Huston nunha agre e desencantada disección do desastre.