
Avery esencial
(1936-1954)
90' Aprox. Distintas versiones.
PAGE MISS GLORY
(7 marzo de 1936). Produtor: Leon Schlesinger. Animación: Bob Clampett. Technicolor.
Este é o famosísimo Avery con deseños “art deco” e que contén o plano filmado desde dentro dunha boca, logo imitado por outros. Tres personaxes son caricaturas do propio Avery, de Chuck Jones e de Bob Clampett. O mozo dun hotel rural soña que traballa no famoso Hotel Cosmopolitan da gran cidade, onde todos os cabaleiros elegantes queren unha cita coa señorita Gloria.
LITTLE RED WALKING HOOD
(6 de novembro de 1937). Produtor: Leon Schlesinger. Animación: Bob Clampett, Cal Howard, Irvin Spence. Technicolor.
Primeira das súas varias adaptacións de Carapuchiña vermella. Por primeira vez, introduce o gag de alguén do público, en silueta, que se levanta e molesta aos protagonistas da pantalla. Son castelán.
FRESH FISH
(4 novembro de 1939). Produtor: Leon Schlesinger. Animación: Bob Clampett, Sid Sutherland, Jack Miller. Technicolor.
Nesta parodia dun documental, vemos como un biólogo mariño explora o fondo do mar nun batiscafo. Versión en castelán.
AVIATION VACATION
(2 de agosto de 1941). Produtor: Leon Schlesinger. Animación: Bob Clampett, Sidney Sutherland. Technicolor.
Parodia dun noticiario de viaxes, con algún gag racista e, por primeira vez, o do pelo no proxector que sae en pantalla. Son castelán.
THE BUG PARADE
(11 outubro de 1941). Produtor: Leon Schlesinger. Animación: Bob Clampett, Ben Clopton, Frank Tipper. Technicolor.
Parodia dun documental sobre insectos. Son castelán.
RED-HOT RIDING HOOD
(8 de maio de 1943). Produtor: Fred Quimby. Animación: Ed Love, Ray Abrams. Technicolor.
Con Quimby, revélase o xenio de Avery sen ningún tipo de trabas. Este é o máis famoso dos cartoons protagonizado por unha Carapuchiña sexy, unha avoa libidinosa e un lobo crápula. Considerado como un dos dez mellores cartoons da historia.
WHO KILLED WHO?
(5 de xuño de 1943). Produtor: Fred Quimby. Animación: Ed Love, Ray Abrams. Technicolor.
Esta parodia das películas cun asasino na mansión, tan populares nos anos trinta e corenta, foi referenciado como o cartoon con máis gags da historia. Son castelán.
HAPPY GO NUTTY
(24 de xuño de 1944). Produtor: Fred Quimby. Animación: Ed Love, Ray Abrams. Technicolor.
Este cartoon, protagonizado polo esquío tolo Screwy, contén o famoso gag no que o letreiro do final aparece antes de tempo. Son en castelán.
THE CAT THAT HATED PEOPLE
(20 de novembro de 1948). Produtor: Fred Quimby. Animación: Walter Clinton, Louis Schmitt. Technicolor.
Un gato viaxa a unha lúa habitada por toda clase de criaturas surrealistas.
I´M COLD
(20 de decembro de 1954). Produtor: Walter Lantz. Animación: Ray Abrams, Don Patterson, La Verne Harding. Technicolor.
A carreira para cine de Avery conclúe dirixindo catro cartoons para Walter Lantz, o produtor que o contratara como debuxante cando era novo. Aquí, o friorento pingüín Chilly Willy intenta roubar un abrigo nun almacén de peles.
Texto: Ignacio Benedeti