DON QUIJOTE DE LA MANCHA
Rafael Gil, 1948
137’
DON QUIJOTE DE LA MANCHA
(España, 1948)
Dirección: Rafael Gil. Guión: Rafael Gil. Síntese literaria: Antonio Abad. Produción: CIFESA. Fotografía: Alfredo Fraile. Intérpretes: Rafael Rivelles, Juan Calvo, Fernando Rey, Manolo Morán. Dur.: 137 min.
Poderoso, pulcro e unívoco esforzo de produción a cargo da empresa CIFESA rodada por un Rafael Gil no seu esplendor narrativo. Contando coa asesoría filolóxica do membro galego da RAE Armando Coatarelo, confórmase unha refundición que resulta síntese reverente dos principais acontecementos das dúas partes da obra literaria orixinal nun relato non exento de humor que asume a loucura de Don Quixote sen ambaxes e achega o descubrimento dunha novata Sara Montiel no cometido de sobriña do cabaleiro.