Encrucilladas: Isaki Lacuesta-Naomi Kawase
Do 14 de setembro de 2010 ao 31 de outubro de 2010
En colaboración con CCCB.
En 2009 Isaki Lacuesta, un habitual do CGAI, realizou dúas películas. Na ficción Los condenados achégase a un tema moi conflitivo: a guerrilla latinoamericana dos anos sesenta e setenta, retratada dun xeito escasamente compracente. A película alzouse co premio da crítica internacional no Festival de San Sebastián. Ese mesmo ano, o CCCB encargoulle establecer unha correspondencia fílmica cunha cineasta que se podería considerar afín, a xaponesa Naomi Kawase (de quen o CGAI ofreceu unha completa retrospectiva en 2008), na liña que a establecida entre Erice-Kiarostami, Serra-Alonso ou Guerín-Mekas. O froito dese encargo son as sete curtametraxes (cartas) que compoñen In between days, mediametraxe que se presentou por vez primeira no Festival de Locarno. Para recoñecer esas dúas vías que se cruzan, aproveitamos a ocasión para recuperar a penúltima película de Kawase, a inédita en España Nanayo, un dos traballos máis estraños da súa filmografía, a primeira película que roda fóra do seu país, en concreto en Tailandia, en cuxos bosques se reúnen personaxes de distintas nacionalidades. O Festival de San Sebastián 2010 volveu reunir estes dous cineastas ao presentar os seus dous últimos traballos.
Agradecementos: Isaki Lacuesta, Open Sesame Co. (Xapón), Kaho Nakane.

Los condenados

In Between days
