After Hours
Do 1 de outubro de 2008 ao 31 de outubro de 2008
Continúan as sesións en horario nocturno cunha programación fundamentalmente constituída por curtametraxes con carácter de estrea. Exhibiremos dúas pezas dun novo director, Guillermo Arias-Carbajal, e dúas sesións (das catro en total que comprenderá o mes), froito da colaboración establecida con Curtocircuíto, V Festival Internacional de Curtametraxes, que se celebra en Santiago de Compostela entre os días 17 e 24 de outubro. Realizamos unha mostra dos traballos gañadores do certame na última sesión do mes (de aí a imposibilidade de coñecer os seus contidos), así como unha selección dos traballos máis importantes das seccións paralelas, algúns deles presentes a través de “Fóra de serie”. Os segundos pases dos títulos de Philibert e Herzog completan o mes de outubro en “After Hours”.
Agradecementos: Guillermo Arias-Carbajal, Roberto Sánchez “Luna”, Curtocircuíto, Tim Redford, Miriam Rodríguez.