No Quarto Da Vanda
Pedro Costa, 2000
170'. DCP. Subt. Castelán
No Quarto Da Vanda
(Portugal, Alemaña, Suíza, 2000)
Dirección, guión e fotografía: Pedro Costa. Intérpretes: Vanda Duarte, Lena Duarte, Zita Duarte. Dur: 170'.
Segunda parte do ciclo filmado no barrio de Fontainhas (Lisboa) polo director luso. Segue o día a día de Vanda Duarte, repara na súa adicción á heroína e retrata a comunidade onde vive.
Aquí Machuel, director de fotografía dos seus anteriores traballos, cédelle a cámara a Costa, que convive durante meses con Vanda e aplica unha metodoloxía que ha marcar a súa carreira. O autor xa non idea a rodaxe antes de ir a ela, senón que a propia rodaxe se converte en escritura. Mediante a convivencia continua con membros da comunidade, logra realizar retratos dun grao extremo de intimidade. O uso de pequenas cámaras dixitais, lonxe de ser un problema, acaba por se converter para Costa nun lenzo en que pode xogar co píxel para crear composicións granulosas que pasarán a se identificar decontado co seu estilo.