Moscou
Eduardo Coutinho, 2009
78’. Subt. Castelán.
MOSCOU
(Brasil, 2009)
Dirección: Eduardo Coutinho. Produción: VideoFilmes. Fotografía: Jacques Cheuiche. Duración: 78 minutos.
O director acompaña o proceso de ensaio da peza Las tres hermanas, de Antón Chéjov, unha montaxe de Enrique Diaz coa participación do grupo teatral Galpão, de Belo Horizonte-Minas Gerais. Aínda que Coutinho escolleu a obra “porque Chéjov é un mestre e a peza provoca unha sacudida profunda nos actores”, case que non participa na adaptación e a posta en escena. Se na súa anterior película, Jogo de Cena (2007), a liña entre ficción e realidade se esfumaba paulatinamente, aquí as fronteiras fican definitivamente sobrepasadas. Coutinho xa non filma o escenario. Agora a súa cámara paséase entre o palco e os bastidores do teatro e vai rexistrando a lectura dos textos, os ensaios e os exercicios de preparación en que os actores se apropian do texto desde as súas propias historias persoais e a súa perspectiva mineira.