MILLENNIUM MAMBO
Hou Hsiao-Hsien, 2001.
119´. Subtítulos en castelán.
QIAN XI MAN PO / MILLENNIUM MAMBO
(Taiwán-Francia, 2001)
Dirección: Hou Hsiao-Hsien. Guión: Chu T´ien-Wen. Produción: 3H Productions, Orly Films, Paradis Films, Sinomovie. Fotografía: Lee Ping Bing. Intérpretes: Qi Shu, Jack Kao. Duración: 119 minutos.
Premiada en Cannes, unha das revelacións do cine asiático dos últimos anos, dirixida polo mestre Hou Hsiao-Hsien (1947), autor de “Café Lumière” (2003) e “Tiempos de amor y libertad” (2005), historia de amor e desamor entre dous mozos que sen rumbo deambulan pola cidade. A fermosa Vicky é a protagonista principal do filme. Desconcertada, sen saber ben onde ir, pasea do brazo do mozo –a quen non ama pero con quen sempre regresa– e dos amantes casuais que tampouco lle logran levar un pouco de paz á súa vida. Galardoada en Cannes.