MI NOMBRE ES HARVEY MILK
Gus Van Sant, 2009
128´. Subtítulos en castelán.
MILK / MI NOMBRE ES HARVEY MILK
(Estados Unidos, 2009)
Dirección: Gus Van Sant. Guión: Dustin Lance Black. Produción: Focus Features en colaboración con Axon Films, Groundswell Productions e Jinks /Cohen Company. Fotografía: Harris Savides. Intérpretes: Sean Penn, James Franco, Josh Brolin. Duración: 128 minutos.
Aproximación en clave de percorrido biográfico á vida de Harvey Milk, activista do movemento de liberación homosexual que chega a concelleiro de distrito en San Francisco nos anos 70, logo de mudar a súa propia vida persoal. A construción de todo un universo reivindicativo, as dificultades para conciliar o periplo sentimental persoal e a loita política, marcada polo duro enfrontamento cos sectores conservadores, inmobilistas que determinan a tráxica fin de Milk, nun filme cheo de fluidez narrativa que gañou 2 Oscar (guión e actor principal). Inspirado parcialmente no Oscar ao mellor documental de 1985 The times of Harvey Milk (1984) de Rob Epstein e con aparicións de actores como Diego Luna, Victor Garber, Emile Hirsch e Jeff Koons, é a plasmación dun dos proxectos máis acariciados por Gus Van Sant.