Material
Thomas Heise, 2009
166’. Vídeo. Subt. Galego.
MATERIAL
(Alemaña, 2009)
Dirección e guión: Thomas Heise. Produción: ma.ja.de. Filmproduktion. Fotografía: Sebastian Richter, Peter Badel, Thomas Heise, Jutta Tränkle e Börres Weiffenbach. Duración: 166 minutos.
Premio en Marsella 2009, un filme magmático e proteico definido polo seu propio título. Compilación sobre o proceso de caída do Muro de Berlín –desde a perspectiva da RDA- constituída intelixentemente por material fílmico de detritos, de restos de rodaxes, un fondo que comprende desde debates e escenas de axitación nas rúas ata ensaios teatrais e aparicións da ultradereita. O resultado: unha valente formulación da suposta rendición desa Alemaña ao capitalismo e un material en bruto que presenta a nosa relación coas imaxes e coa Historia mesma.