
The man in white suit/ El hombre vestido de blanco
Alexander MacKendrick, 1951
85'. DCP. Subt. Castelán
THE MAN IN WHITE SUIT / EL HOMBRE VESTIDO DE BLANCO
(Reino Unido, 1951)
Dirección: Alexander MacKendrick. Producción: Ealing Studios. Guión: Roger MacDougall, John Dighton, Alexander MacKendrick. Fotografía: Douglas Slocombe. Intérpretes: Alec Guiness, Joan Greewood, Cecil Parker, Michael Gough. Dur.: 85'.
Sidney Stratton, un mozo encargado da limpeza, mais que en realidade é un investigador formado en Cambridge, está realizando experimentos clandestinos na fábrica téxtil en que traballa. Tras ser despedido, consegue convencer a outro empresario para que lle financie o desenvolvemento dun tecido sintético que nin se ensucia nin se rompe. “Vendo a súa segunda película [de MacKendrick] un ten, por momentos, a impresión de estar perante un deses mecanismos perfectos de reloxería dramática que son as comedias do Lubitsch dos anos 30. (…) E é que convén recordalo: ademais dunha incisiva sátira política con varios niveis de lectura, El hombre vestido de blanco é tamén unha comedia moi divertida. Alguén dá máis?” (Asier Aranzubia Cob)